A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores (EGA), activa nova convocatoria da formación en NIVEL INICIACIÓN 2024 – 2025.
Nesta quenda, a proposta formativa chega por partida dobre, abrindo a incrición do curso en dúas delegacións zonais FEGABA: Lugo e Vigo
O formato para ambas as convocatorias volverá a ser mixto, compaxinando formación online e presencial, e establecendo toda a carga lectiva ao longo do vindeiro mes de xaneiro de 2025.
Os detalles de cada convocatoria son os seguintes:
Sede – Fase Presencial: Ies Sanxillao (Lugo)
Formación Presencial: 11 e 12 de xaneiro de 2025 (de 10:00 h a 14: 00 h e de 16:00 h a 21:00 h). (De Asistencia Obrigatoria).
Formación ON LINE: (De Asistencia Obrigatoria).
07/01/25 (20:00 h a 22:00 h).08/01/25 (20:00 h a 22:00 h).09/01/25 (20:00 h a 22:00 h).14/01/25 (20:00 h a 22:00 h).15/01/25 (20:00 h a 22:00 h).16/01/25 (20:00 h a 22:00 h).
Sede – Fase Presencial: por definir.
Formación Presencial: 11 e 12 de xaneiro de 2025 (de 10:00 h a 14: 00 h e de 16:00 h a 21:00 h) (De Asistencia Obrigatoria).
Formación ON LINE: (De Asistencia Obrigatoria).
07/01/25 (20:00 h a 22:00 h).08/01/25 (20:00 h a 22:00 h).09/01/25 (20:00 h a 22:00 h).14/01/25 (20:00 h a 22:00 h).15/01/25 (20:00 h a 22:00 h).16/01/25 (20:00 h a 22:00 h).
Inscrición
A inscrición en cada curso pode realizarse xa e o prazo para tramitala rematará o vindeiro catro de xaneiro de 2025.
A mesma, cunha cota de 200 euros, poderá realizarse través de dúas vías diferentes en función da casuística:
– As persoas que se inscriban e abonen o curso de xeito particular e individual deben tramitar o proceso a través da nosa TENDA FEGABA para as accións formativas.
– Aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice a través do seu club, deberán enviar a adestradores@fegaba.com o xustificante de pago e a reseña dos seus correspondentes datos persoais (Nome completo, DNI, data de nacemento, email de contacto do alumno e club de orixe).

Comments