top of page

O Baloncesto Galego promove a integración a través da iniciativa “Basket Diverso”

Foto del escritor: onosobasketonosobasket

Co gallo do tres de decembro, DÍa Internacional das Persoas con Discapacidade, e ao longo de todo o mes, a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) e diversos clubs de toda a Comunidade; suman forzas na segunda edición de “Basket Diverso”, proxecto que busca impulsar os valores do Baloncesto como elemento integrador e educacional.

Neste marco, iniciaranse accións de visibilización que unirán nas pistas galegas a deportistas da FEGABA e da FGDA. A primeira delas será en Lugo este mércores, 4 de decembro; da man de Ensino Lugo e Xuncas Diversia.

Co encontro Durán Maquinaria Ensino – Hozono Global Jairis (04/12/24 – 20:15 h) como escenario, integrantes de ambos os equipos disputarán un 3×3 no descanso do encontro da Liga Feminina ENDESA. O mesmo será o exemplo perfecto de que o Baloncesto é un deporte para todos.

Esta acción amplificarase a través do mes de decembro, repetíndose con novos protagonistas e cun calendario que permitirá facer chegar a iniciativa “Basket Diverso” a toda Galicia:

14/12/24 – Vigo

Participan: Celta Baloncesto, Amfiv Vigo e Celta Integra Vigo .

Descanso do encontro Celta Femxa Zorka  – Hozono Gobal Jairis.

21/12/24 – Lugo.

Participan: CB Breogán e Xuncas Diversia Luga.

Cando: Descanso do encontro Río Breogán – Basquet Girona.

22/12/24 – Ferrol.

Participan: Basketmi Ferrol e Baxi Ferrol.

Cando: Descanso do encontro Baxi Ferrol – Hozono Gobal Jairis.

21/12/24 – Coruña.

Participan: Maristas Coruña e Inclubasket Coruña.

Cando: Descanso do encontro Maristas Coruña – Ibaizabal.

22/12/24 – Coruña.

Participan: Básquet Coruña, Difunga Coruña e Inclubasket Coruña.

Cando: Descanso do encontro Leyma Coruña – Joventut.

“Social Basket”

“Basket Diverso” é una iniciativa que forma parte do proxecto da Federación Galega de Baloncesto: “SOCIAL BASKET”.

Co mesmo, a entidade federativa reforza o seu papel como axente activo, unindo o deporte con múltiples perspectivas e ámbitos sociais.



 
 
 

Comments


bottom of page